Untitled_edited_edited_edited.jpg

Un espazo para crecer e crear

IB URBAN DANCE STUDIO, actualmente formando parte no novo proxecto  AVD173, IB foi a primeira escola que impulsou á mocidade de Santiago de Compostela na formación das danzas urbanas e experimentais. Con máis de dez anos de experiencia e formando actualmente a 200 alumnos ofrecemos formación para todas as idades e niveis dende os tres anos ata adultos, de nivel incial a profesional. Os nosos instructores certificados e altamente capacitados contan con experiencia técnica e pedagóxica, e están en continua formación nos diferentes estilos e disciplinas de danza.

" Temos paixón pola danza e contemplámola como unha forma de arte e expresión."

En IB somos guías da túa formación, o noso ambiente é cercano, familiar e cheo de valores. Queremos guiarte a descubrir a túa esencia.

A súa fundadora, Iria Barona, artista multidisciplinar premiada con diferentes premios nacionais como coreógrafa, leva a parte creativa da escola así como as clases de improvisación asi como os servizos de coaching e mindfulness.

Está a desenvolver diferentes proxectos artísticos e educativos dentro do estudo e fora con obxectivo de potenciar unha sociedade creativa, en movemento e mentalmente sana. "Con AVD173 o propósito é facer medrar o estudo deixando espazo para novas propostas e onde profesores e alumnos convidados convivamos e compartamos por igual, nun ambiente respectuoso e libre, un espazo para crecer e crear."

INSCRICIÓN EN:

www.avd173.es 

CONTACTA:

 

881 162 378

info@avd173.es

 

 

LOCALIZACIÓN:

Avd. de Lugo 173 baixo

Santiago de Compostela

HORARIO DE RECEPCIÓN:

(variable)

 

REDES SOCIAIS:

  • Instagram

press to zoom

press to zoom

press to zoom

press to zoom
1/8
  • Instagram

ALUGUER DE SALAS en AVD 173

En AVD173 contamos cun espazo de 400m2 adicados a ti.

Tres salas multiusos :

Sala danza, totalmente negra inspira concentración e misticismo (110m2).

Sala Pilates  (90m2).

Box de adestramento persoal de 40m2.

Sala de estudo, pequeno cuarto onde poderás estudar ou traballar de forma libre.

Distrito arte: Sala taller para alumnado e profesores adicada a traballar proxectos individuais de artes mixtas ou talleres artísticos.

Vestiario e baños: Espazo unisex.Todas somos iguais, todas convivimos xuntas.

CONTRATACIÓN PROFESIONAL de bailaríns ou coreógrafa

PARA O ALUGUER DE ESPAZOS, CONTRATACIÓN DA COMPAÑÍA PROFESIONAL, BAILARÍNS OU SERVIZO DE COREÓGRAFA.
 

CONTACTAR : direccion@avd173.es / 617258955 (Iria Barona)