
Un espazo para crecer e crear
IB URBAN DANCE STUDIO, formando parte de AVD173 ,primeira escola que impulsou á mocidade de Santiago de Compostela na formación das danzas urbanas e experimentais. Con mais de dez anos de experiencia e formando actualmente a 200 alumnos ofrecemos formación para todas as idades e niveis dende os tres anos ata adultos, de nivel incial a profesional. Os nosos instructores certificados e altamente capacitados contan con experiencia técnica e pedagóxica, e están en continua formación nos diferentes estilos e disciplinas de danza.
" Temos paixón pola danza e contemplámola como unha forma de arte e expresión."
En IB somos guías da túa formación, o noso ambiente é cercano, familiar e cheo de valores. Queremos guiarche a descubrir a túa esencia.
A súa fundadora, Iria Barona, artista multidisciplinar premiada con diferentes premios nacionais como coreógrafa, leva a parte creativa da escola así como as clases de improvisación e a compañía profesional de danza.
Está a desenvolver diferentes proxectos artísticos e educativos dentro do estudo e fora con obxectivo de potenciar unha sociedade creativa. "O meu propósito é facer crecer o estudo deixando un oco onde mesturar as artes, onde alumnos, profesores e artistas convidados convivamos e compartamos por igual, nun ambiente respectuoso e libre, un espazo para crecer e crear."
INSCRICIÓN EN:
CONTACTA:
881 162 378
LOCALIZACIÓN:
Avd. de Lugo 173 baixo
Santiago de Compostela
HORARIO DE RECEPCIÓN:
De Luns a xoves de 18:00 a 20:30
REDES SOCIAIS:



CLASES
Ademais do horario semanal organizamos talleres fora de horario que anunciamos nas nosas redes sociais, así como formacións de verán.
crianzas
DANZAS URBANAS (Traballo de técnica, improvisación e coreografías)
3-5 ANOS -
5-8 ANOS -
8-12 ANOS
BREAK DANCE:
+13 e adultos
TÉCNICA DE DANZAS URBANAS:
NIVEL 1 -
NIVEL 2 -
NIVEL 3 -
NIVEL 4 -
COREOGRAFÍAS DE ESTILOS URBANOS (ALL STYLES)
NIVEL 1 (PRINCIPIANTE) -
NIVEL 2 (INTERMEDIO) -
NIVEL 3 (AVANZADO) -
IMPROVISACIÓN E CREATIVIDADE ARTÍSTICA -
ACROBACIAS PARA DANZA -
IOGA
ADESTRAMENTO FÍSICO PARA DANZA -
ALUGUER DE SALAS en AVD 173
En AVD173 contamos cun espazo de 400m2 adicados a ti.
Tres salas multiusos :
Sala danza, totalmente negra inspira concentración e misticismo (110m2).
Sala Pilates (90m2).
Box de adestramento persoal de 40m2.
Sala de estudo, pequeno cuarto onde poderás estudar ou traballar de forma libre.
Distrito arte: Sala taller para alumnado e profesores adicada a traballar proxectos individuais de artes mixtas ou talleres artísticos.
Vestiario e baños: Espazo unisex.Todas somos iguais, todas convivimos xuntas.