

Un espazo para crecer e crear
IB URBAN DANCE STUDIO, actualmente formando parte no novo proxecto AVD173, IB foi a primeira escola que impulsou á mocidade de Santiago de Compostela na formación das danzas urbanas e experimentais. Con máis de dez anos de experiencia e formando actualmente a 200 alumnos ofrecemos formación para todas as idades e niveis dende os tres anos ata adultos, de nivel incial a profesional. Os nosos instructores certificados e altamente capacitados contan con experiencia técnica e pedagóxica, e están en continua formación nos diferentes estilos e disciplinas de danza.
" Temos paixón pola danza e contemplámola como unha forma de arte e expresión."
En IB somos guías da túa formación, o noso ambiente é cercano, familiar e cheo de valores. Queremos guiarte a descubrir a túa esencia.
A súa fundadora, Iria Barona, artista multidisciplinar premiada con diferentes premios nacionais como coreógrafa, leva a parte creativa da escola así como as clases de improvisación asi como os servizos de coaching e mindfulness.
Está a desenvolver diferentes proxectos artísticos e educativos dentro do estudo e fora con obxectivo de potenciar unha sociedade creativa, en movemento e mentalmente sana. "Con AVD173 o propósito é facer medrar o estudo deixando espazo para novas propostas e onde profesores e alumnos convidados convivamos e compartamos por igual, nun ambiente respectuoso e libre, un espazo para crecer e crear."
INSCRICIÓN EN:
CONTACTA:
881 162 378
LOCALIZACIÓN:
Avd. de Lugo 173 baixo
Santiago de Compostela
HORARIO DE RECEPCIÓN:
(variable)
REDES SOCIAIS:







ALUGUER DE SALAS en AVD 173
En AVD173 contamos cun espazo de 400m2 adicados a ti.
Tres salas multiusos :
Sala danza, totalmente negra inspira concentración e misticismo (110m2).
Sala Pilates (90m2).
Box de adestramento persoal de 40m2.
Sala de estudo, pequeno cuarto onde poderás estudar ou traballar de forma libre.
Distrito arte: Sala taller para alumnado e profesores adicada a traballar proxectos individuais de artes mixtas ou talleres artísticos.
Vestiario e baños: Espazo unisex.Todas somos iguais, todas convivimos xuntas.